Sorpresas de Arzúa-Ulloa Hoxe

0.0/5 Rating (0 votos)
  • Personas: 4
Sorpresas de Arzúa-Ulloa Hoxe

Ingredientes

  • 4 peitugas de polo
  • 250 g de queixo Arzúa-Ulloa Hoxe
  • 500 g de tomate
  • 2 berenxenas
  • 4 chalotas
  • 2 dentes de allo
  • 4 ramiñas de romeiro
  • Aceite
  • Vinagre balsámico
  • Sal e pementa

Pasos a seguir

  1. Cortarlle o rabo ás berenxenas e cortalas en catro rebandas, ó longo. Cubrir con filme e asar no microondas tres minutos.

  2. Pelar e picar o allo e as chalotas. Escaldar e pelar os tomates.

  3. Dourar as chalotas, engadir o allo e os tomates. Salgar e cocer durante tres minutos, sen deixar de remover e verter tres culleradas de vinagre.

  4. Quentar o forno a 220ºC.

  5. Pasar pola tixola as peitugas, tres minutos por cara. Abrilas pola metade e poñer dentro unha rebanda de berenxena, unha de queixo e unha ramiña de romeiro.

  6. Voltar a pechar as peitugas e atalas cun cordel.
  7. Colocalas nunha bandexa de forno sobre unha base de sofrito de tomate e cebola, salpementar e deixalo no forno durante dez minutos. Servir ben quente. 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política