Risotto con Queixo Cremosiño Nai

4.7/5 Rating (3 votos)
  • Personas: 4
Risotto con Queixo Cremosiño Nai

Ingredientes

  • 300 g de arroz
  • 50 g de queixo Cremosiño Nai
  • 1 cebola
  • 1 copiña de viño branco
  • Caldo vexetal
  • 50 g de tomates secos
  • 2 anacos de touciño
  • Follas de salvia
  • Albahaca
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal

Pasos a seguir

  1. Nunha cazola con aceite, sofritir a cebola picada ata que tome cor. Engadir o arroz e fritilo un par de minutos, removendo constantemente.

  2. Engadir unhas follas de salvia picada e o viño branco. Deixar reducir.

  3. Verter tres culleróns de caldo vexetal quente, mesturar e deixar cocer a lume medio ata que o caldo váiase consumindo. Ir engadindo a medida que se precise.

  4. Cando o arroz estea ó punto, procurando que quede algo caldoso, retirar do lume e salpementar. Engadir o queixo e remover ata que se funda e se mesture ben co arroz.

  5. Servir quente cunhas rebandas de touciño ben frito e uns tomates secos en aceite

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política