Flan de Queixo Tetilla Hoxe

4.5/5 Rating (2 votos)
  • Personas: 4
Flan de Queixo Tetilla Hoxe

Ingredientes

  • 100 g de queixo Tetilla Hoxe
  • 50 ml de nata
  • 100 g de azucre
  • 3 ovos
  • 100 ml de leite
  • 20 g de piñóns

Pasos a seguir

  1. Acaramelar catro moldes individuais de flan poñendo media culler de azucre no fondo e quentando no fogón ata que se derreta e tome cor.

  2. Quentar a nata, engadir o queixo tetilla cortado en dadiños e cociñar a lume suave, removendo constantemente ata que se funda. Deixar arrefriar.

  3. Bater ben os ovos co azucre restante, engadir o queixo fundido e o leite.

  4. Repartir a mestura nos catro moldes.

  5. Por o forno a 220ºC e deixar ó baño María uns 30-40 minutos, ata que callen. Pinchar cun escarvadentes que sairá seco cando xa estean listos.

  6. Deixar arrefriar, desoldar e servir cuns piñóns por enriba.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política