Entrecosto de Tenreira Galega con crema de Arzúa-Ulloa Hoxe

5.0/5 Rating (1 votos)
  • Personas: 4
Entrecosto de Tenreira Galega con crema de Arzúa-Ulloa Hoxe

Ingredientes

  • 4 entrecotos de tenreira galega
  • 100 g de queixo Arzúa-Ulloa Hoxe
  • 100 g de nata
  • 100 g de rúcula
  • 4 tomates
  • Pemento doce
  • Aceite de oliva
  • Vinagre balsámico
  • Pementa e sal

Pasos a seguir

  1. Torar o queixo Arzúa-Ulloa Hoxe e mesturar co leite. Poñelo a quentar nunha cazola a lume suave. Engadir un chisco de pemento e mesturar ata que quede unha crema.

  2. Nunha tixola con aceite de oliva, saltear os entrecostos salpementados ó punto.

  3. Servir coa crema de queixo Arzúa-Ulloa Hoxe por enriba. Torar os tomates e pulir as follas de rúcula.

  4. Repartir a ensalada nos pratos, sazonar e regar cun chorriño de aceite e unhas gotas de vinagre balsámico.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política