Crema de queixo Tetilla Hoxe con Mel e Augardente

0.0/5 Rating (0 votos)
  • Personas: 4
Crema de queixo Tetilla Hoxe con Mel e Augardente

Ingredientes

  • 150 g de queixo tetilla Hoxe
  • 300 ml de nata
  • 2 follas de xelatina
  • Mel de Galicia
  • Augardente
  • 4 biscoitos

Pasos a seguir

  1. Quentar a nata nunha cazola sen que chegue a ferver.

  2. Retirar do lume e engadir o queixo cortado en cachiños.

  3. Mexer cunha culler de madeira ata que se funda e incorporar as follas de xelatina previamente hidratadas en auga fría.

  4. Engadir unhas gotiñas de augardente. Deixar arrefriar no frigorífico.

  5. Servir a crema acompañada dun biscoito ou galleta e colocar enriba dun cachiño de panal de mel natural.

  6. Decorar con noces, améndoas ou abelás frescas enteiras, tamén con orellóns de melocotón, albaricoque e outras froitas desecadas; estas forman un maridaxe ideal con prácticamente todo tipo de queixos.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política