Berenxenas recheas de Queixo

5.0/5 Rating (1 votos)
  • Personas: 4
Berenxenas recheas de Queixo

Ingredientes

  • 4 berenxenas medianas
  • 1 cebola grande
  • 2 dentes de allo
  • 150 g de queixo madurado Hoxe curado e raiado
  • 150 g de queixo fresco
  • 2 ramiñas de perexil
  • 2 ramiñas de menta
  • 2 ovos
  • 20 g. de pementa negra moída
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal

Pasos a seguir

  1. Cortar os extremos das berenxenas ó longo, en dúas metades cada unha. Colocar en una fonte de barro, untar con sal e aceite de oliva virxe e enfornar a 160ºC durante uns 20 minutos.

  2. Unha vez asadas, sacalas do forno e retira-la polpa cunha culler. Reservar.

  3. Nunha tixola con aceite, sofritir a cebola picada, engadir o allo picado e retirar cando doure.

  4. Nunha cunca, mestura-la metade do queixo madurado Hoxe co queixo fresco, o perexil e a menta picados, o sal e a pementa. Bater a mestura e engadir a carne das berenxenas previamente reservada, a cebola e os ovos batidos. Mesturar todo ata lograr unha pasta homoxénea.

  5. Coa masa, enche-los cascos das berenxenas, colocar nunha fonte de barro, esparexer o queixo madurado reservado e enfornar todo durante 15 minutos a temperatura media, ata que estean ben douradas.

  6. Servir quentiño.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política