O Queixo, orixe e historia

O queixo ten un grande valor nutritivo e é de fácil conservación.

elqueso

O queixo é un alimento coñecido polo home dende fai miles de anos, elaborado do leite dos mamíferos, o queixo é un manxar dos máis ricos e antigos que coñece o home.

Non se sabe exactamente unha data concreta sobre a elaboración do queixo. Para os gregos o queixo era un manxar para exquisitos padais, máis tarde os romanos elevárono á categoría de ciencia, e hoxe en día os mestres queixeiros posúen coñecementos que beben das tradicións milenarias e que se aplican coas normas e gustos actuais.
 

En Galicia, o primeiro documento histórico escrito que recoñece a existencia do queixo galego remóntase a 1550, onde o licenciado Molina no seu libro “Descripción do Reyno de Galizia y de las cosas notables del” relaciona toda clase de produtos pecuarios que valóranse e comercialízanse, entre eles o queixo do país.


Pero as referencias máis coñecidas e modernas son as recentes feiras e mercados que celebrábanse nas vilas e pobos de Galicia, onde a venda de queixos era unha actividade cotiá e natural. Os queixos elaborados por “as queixeiras” eran o resultado dunha economía rural baseada no autoconsumo, os labregos vendían algúns dos seus produtos, entre eles o queixo e a manteiga, para poder comprar outros produtos que necesitaban para subsistir e dos cales non podían prescindir (aceite, azucre, etc.).

Polo tanto, é imposible coñecer as variedades de queixos que se elaboraban en Galicia, debían de ser moitas e distintas debido ás diferentes zonas xeográficas, pero si é certo e debemos saber que os queixos galegos elaborábanse e comercializábanse en toda Galicia.

Pero quen realmente aportou algo de claridade sobre os queixos galegos e do mundo gandeiro de Galicia de mediados do século XX foi o veterinario Carlos Compaire Fernández, que nos seus libros “A Fabricación de queixos en Galicia” (1966) e “Mellora dos queixos galegos” (1965) descríbenos nos seus estudos a realidade dos queixos galegos e pódese dicir que das Denominacións de Orixe actuais (Tetilla, A.Ulloa, San Simón e Cebreiro).

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política