Cooperativa HOXE

Sociedad Cooperativa Galega

 

  • nosotros01
  • nosotros02
  • nosotros03
  • nosotros04
  • As nosas instalacións en Lalín (Pontevedra)
  • As nosas instalacións en Lalín (Pontevedra)
  • As nosas instalacións en Lalín (Pontevedra)
  • As nosas instalacións en Lalín (Pontevedra)

HOXE Sociedade Cooperativa Galega é unha empresa agraria rural de carácter cooperativo fundada por gandeiros no ano 1971 que transforma o leite de vaca recollido nun cento de explotacións tradicionais agrarias familiares situadas na Comarca do Deza e as súas zonas limítrofes do Norte da provincia de Pontevedra.

O val, os montes e as ribeiras dos ríos Arnego, Deza e Ulla, conforman un ecosistema natural humanizado de prados e pastos moi ricos e naturais que producen forraxes e herbas idóneas para a alimentación do gando e que permiten a obtención dun leite de características únicas para a produción dos tradicionais queixos galegos.

Actualmente elaboramos queixos coas denominacións de orixe: Tetilla e Arzúa-Ulloa, pero dende fai moitos anos nosos queixeiros foron recoñecidos e valorados nos mercados locais e nacionais, recibindo varios premios, entre eles os outorgados polo Ministerio de Agricultura no concurso “Mellores Queixos Españois”.

Pero para nós, o mellor premio é a fidelidade dos clientes ó levar a súa mesa os nosos queixos ó longo de todos estes anos, e con iso obrígannos a esforzarmos para ofrecerlles cada día un produto de calidade superior.

logo modulo

Datos de contacto

Borralla 34
36512 LALÍN
Pontevedra
España 

Tel:  +34 986 58 01 00
        +34 986 79 45 09

Fax: +34 986 59 25 04

Correo electrónico: hola@hoxe.es

Formulario de contacto

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Ver política